Benvida
Como se a través dun ollo de boi se tratase, convidámoslles a asomarse ó noso día a día, a coñecer o proceso mediante o que se obteñen os excelentes produtos que nesta web lles ofrecemos.
Queremos acompañalos nunha apaixoante viaxe ós nosos cantís, para que poidan sentir o mar coma o sentimos nos cada mañá: salvaxe, libre, indomable, repleto de vida. Gustarianos que percibisen o seu olor e frescura, o son das ondas rompendo nas rochas deste noso mar, tan harmonioso e doce como rudo e traidor, que o mesmo que te da todo, non permite que te lle achegues.
Coñecerán tamén o proceso de transformación na conserveira, onde unha meticulosa elaboración artesanal e o gusto polo ben facer permiten obter os mellores resultados de transformación para este extraordinario produto.
Din que cando o arrincamos das pedras, o percebe, baixo a súa armadura branca, roxa e negra, agocha un pedazo de mar. Achegar esta explosión de sabor ós seus fogares é o noso traballo. Que sexa un pracer na sua mesa é o noso desexo.
27 Percebeir@s


























